Skip to main content
Lugo

O BNG realizou unha homenaxe a Castelao

Por 8 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O BNG realizou no día de onte, 7 de xaneiro, unha homenaxe a Castelao coincidindo co 72 aniversario do seu pasamento. A deputada no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, xunto con cargos orgánicos e institucionais do BNG, realizaron unha ofrenda floral na estatua de Castelao da rúa da Raíña de Lugo. Rodil destacou “a importancia do amplo legado político e artístico de Castelao, que continúa vixente máis de 70 anos despois”.

“O BNG recolle o legado de Castelao e do Partido Galeguista”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “o nacionalismo é máis necesario que nunca para Galicia, precisamos máis que nunca un BNG forte e coas mans libres que defenda os intereses de Galicia e confíe nas capacidades do noso pobo”.

“Imos construír unha Galicia que deixe atrás máis dunha década de recortes do PP, porque no BNG confiamos no potencial de Galicia e sabemos cara onde queremos camiñar, cara unha Galicia máis xusta, con servizos públicos fortes, á vangarda na loita contra a emerxencia climática, con base na ciencia e na innovación, con oportunidades para a mocidade, feminista, unha Galicia internacionalista e solidaria, que defenda os dereitos dos pobos e unha democracia de calidade”, afirmou Olalla Rodil.