Skip to main content
Lugo

Novos traballos de limpeza da maleza no entorno do HULA

Por 10 Xaneiro, 2022Xaneiro 11th, 2022Sin comentarios

Continúan os traballos de acondicionamento na zona do HULA. O pasado fin de semana leváronse a cabo os traballos de limpeza de maleza no entorno do Hospital Universitario Lucus Augusti. Este tipo de actuacións son fundamentais para a comodidade e seguridade da veciñanza.

Os traballos foron desenvoltos por operarios de Urbaser durante a fin de semana. Esta data foi elixida para evitar as molestias aos veciños que se teñan que achegar ata o complexo hospitalario, xa que, durante o sábado e o domingo o hospital reciben menos visitas, conta con menos tráfico e os operarios poden actuar con maior seguridade.

Esta actuación está enmarcada nas execucións que realiza a concellería de Medio Ambiente de maneira periódica para manter en bo estado as áreas de maior tránsito da cidade.

Memory: 150.7969MB (7.36% of 2048MB)