Skip to main content
Lugo

Os mozos e mozas de Lugo desfrutaron do Ciclo Colusion

Por 10 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Éxito de participación no Ciclo Colusion de Lugo que tivo lugar o 8 de xaneiro como fin da actividade cultural para a mocidade lucense polo Nadal. Este, foi un espectáculo cheo de artistas visuais e musicais feito para a xuventude activa de Lugo.

Esta idea xurdiu da unión de dúas artes, tanto as gráficas como as musicais para crear unha sinerxia de talento que fomente aos artistas emerxentes do panorama galego.

O ciclo creouse a través da xuntanza de dúas parellas de artistas, unha musical e outra audiovisual que non tiñan relación entre eles. Durante un mes e medio traballaron de maneira conxunta para crear a actuación que ofreceron o pasado sábado 8 de xaneiro na cidade amurallada. O resultado final foron concertos excepcionais que fusionaban ideas, pensamentos e modos de traballo.

A cita deu comezo ás 20.00 horas coa música de CRNDS e o vídeo de Inma Veiga, as dúas artistas residentes de Santiago de Compostela. CRNDS é un grupo musical que se encarga de realizar música electrónica a raíz da música tradicional galega. Por outra banda, Inma Veiga, orixinaria de Parga realiza obras nas que deixa ver as raíces do pobo interior galego. E continuou ás 21:30 co concerto da segunda parella conformada por Grima na parte musical e Raquel Álvarez na audiovisual. Nesta ocasión, as dúas artistas son de Pontevedra. Grima formado por Facundo Pardo e Laura Vilar. Xuntos dan vida a cancións grunge, metal, punk que os fan un referente no underground galego. Pola súa parte, Raquel Álvarez é unha artista en proceso de formación céntrase na produción de vídeo, foto e dirección artística sendo parte do equipo de F*ck this Studio en Vigo.

CASA DA MÚSICA
E un espazo acondicionado para que os grupos poidan tocar tamén conta cunha sala común. Pódese solicitar para a realización de actividades, reunións e concertos.