Skip to main content
Lugo

O Conservatorio de Música Xoán Montes ofrecerá un concerto no Gustavo Freire o mércores 19

Por 15 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O vindeiro mércores 19 de xaneiro o Auditorio Municipal Gustavo Freire ofrecerá un novo concerto das bandas do Conservatorio de Música Xoán Montes.

Con esta iniciativa toda a veciñanza de Lugo poderá desfrutar dunha nova oportunidade para asistir a un concerto e descubrir a gran calidade formativa e musical do conservatorio de Lugo.

Baixo o título O Renacemento, as bandas Xosé Castiñeira (formada por estudantes de 1º a 3º de Grao Profesional) e Indalecio F. Groba (integrada por estudantes de 3º a 6º de Grao Profesional) interpretarán 9 obras da época renacentista.

O Renacemento foi a estética artística imperante en Europa nos séculos XV e XVI. O termo “rinascimiento” foi empregado por primeira vez polo pintor, arquitecto e historiador florentino Giorgio Vasari en 1550. Trátase dun período de renovado interese pola arte clásica desde un punto de vista moderno. A música renacentista caracterízase polo emprego dos modos gregorianos, derivados doutros máis antigos e polo contrapunto, é dicir, a relación entre 3 ou máis voces que seguen unha liña melódica independente.

A entrada será gratuíta e poderá retirarse a través do portal entradaslugo.es.

PROGRAMA
A Banda Xosé Castiñeira formada polos alumnos de 1º, 2º e 3º de Grao Profesional. Tocarán Palestrina Suite Pierluigi da Palestrina (1525–1594) (arr J. Moss); Orlando Suite Orlando di Lasso (1532-1594) (arr. J. De Haan); Ay, Linda Amiga! – Amor que me Cautivas Anónimo Es ist ein Ros´entsprungen Michael Praetorius (1571-1621) (seccional de clarinetes); Susato Variations Tielman Susato (1500-1561) (arr. J. De Haan).

A Banda de Indalecio F. Groba formada polos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional, interpretarán Madrigalum Philip Sparke (1951); Amor con Fortuna Juan de la Encina (1468-1529) (arr. Sergio Landrove) (seccional de percusión); O Magnum Mysterium Tomás Luis de Victoria (1548-1611) (arr. J. Curnow); Lamento pola morte de Ockeghem Josquin Despréz (ca. 1450—1521) (arr. Iván M. Sabio) (seccional de clarinetes) e Renaissane Suite Franco Cesarini (1961).