Skip to main content
Lugo

O lousado das instalacións de Radio Taxi están sendo renovados

Por 15 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O tenente alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, visitaron as instalacións de Radio Taxi no parque de Frigsa, onde o Goberno de Lugo está a renovar o lousado da edificación. Arroxo explicou que “con esta intervención seguimos avanzando na renovación da imaxe das infraestruturas municipais da contorna do parque de Frigsa ao mesmo tempo que melloramos a calidade das instalacións do servizo municipal de taxis”.

Rubén Arroxo explicou que “desde a concellería de infraestruturas realizamos nestes anos unha serie de intervencións destinadas a mellorar as instalacións da contorna de frigsa”, e destacou ”a renovación do exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire, unha actuación executada durante o 2020 que foi moi demandada tanto polos colectivos culturais que fan uso das instalacións como das usuarias e usuarios do parque de Frigsa e que durante o 2021 permitiu realizar unha gran cantidade de actividades no exterior do auditorio”.

O tenente alcalde lembrou que se están a executar os traballos de instalación de novo alumeado público na zona exterior do museo. Arroxo explicou que “continuamos a avanzar na mellora da accesibilidade da zona, eliminando unha zona escura da cidade e mellorando o acceso ao museo”.

Con esta actuación, o Goberno de Lugo instalará 23 novas luminarias LED, de 53W, avanzando na instalación de luminarias de baixo consumo en todas as instalacións da rede de alumeado público de Lugo.