Skip to main content
Lugo

Un dispositivo integral de limpeza acondicionará o barrio da Cheda

Por 17 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O próximo martes a área de medio ambiente desenvolverá no barrio de A Cheda un dispositivo “integral e intensivo” de limpeza.

Así, nas vindeiras xornadas os efectivos das empresas encargadas do aseo urbano, o mantemento das zonas verdes e a revisión dos parques infantís, apoiados polas brigadas municipais, unificarán os seus esforzos nesta contorna para mellorar o seu acondicionamento, sen descoidar o labor ordinario que levan a cabo diariamente.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de área, Miguel Fernández, explicou que o obxectivo desta iniciativa, posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez, e que dende o ano pasado se desenvolve en todos os barrios da capital, “é incrementar a eficacia das tarefas de aseo e conservación dos espazos públicos, mellorando a imaxe destas localizacións e a calidade de vida da veciñanza que reside nelas”.

O edil fixo, así mesmo, un chamamento á poboación en prol do civismo, “clave para a convivencia” – sinalou, apelando á veciñanza a traballar da man para preservar e manter entre todas e todos as dotacións municipais en boas condicións”, concluíu Miguel Fernández.