Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Un milleiro de atletas participaron na Cross Ponte Romana esta fin de semana

Por 17 Xaneiro, 2022Febreiro 21st, 2022Sin comentarios

A Cross Ponte Romana tivo lugar esta fin de semana en Lugo, en total participaron preto dun milleiro de atletas, entre eles, o olímpico Adrián Ben. O deputado de deportes, Efrén Castro foi o encargado de entregar os premios.

Desde o sábado pola tarde, sucéderonse as probas na contorna do Pazo de Feiras e Exposicións, con carreiras populares de relevos mixtos e continuaron o domingo con carreiras de promoción –desde sub 10 ata sub 23-, probas absolutas e un cross popular.

O deputado de Deportes felicitou á organización –CCN e Escola Atlética Lucense- por reunir “nun evento a atletas de todas as categorías” e valorou “a presenza de Adrián Ben que despois de levar o atletismo galego ao máis alto, coa participación nos Xogos Olímpicos, estivo aquí, correndo e compartindo tempo con atletas das categorías de base para os que é un exemplo a seguir”.

HOMENAXE A MARIANO CASTIÑEIRA
O Cross Ponte Romana rendeu homenaxe nesta edición a Mariano Castiñeira, falecido en 2020. A súa familia recibiu o agarimo e recoñecemento do atletismo lucense nun acto no que se puxo en valor a traxectoria do médico e adestrador que descubriu e puliu os talentos de grandes referentes como o propio Adirán Ben, Alessandra Aguilar ou María Abel, entre outras

GAÑADORES
Na categoría Sub 16 Feminina a gañadora foi Irea Alén Fernández que realizou a proba en 8 minutos e 13 segundos. Das categorías Sub 18, Sub 20 e Máster Feminina foi Xela Martínez Domínguez cun tempo de 11 minutos e 19 segundos. Na Sub 16 Masculina Damián Suárez Coute foi o vencedor ao realizar a proba en 10 minutos e 22 segundos. Na Sub 18, Sub 20 e Máster Masculina foi Carlos López Moral o primeiro en superar o circuíto en 14 minutos e 52 segundos. Carmen Martínez Domínguez gañou na Sub 14 Feminina cun tempo de 5 minutos e 42 segundos. Na Sub 14 Masculina foi Enrique García García-Boente o vencedor cun tempo de 7 minutos e 58 segundos. Lara Fernández López venceu cun tempo de 4 minutos e 27 segundos na categoría sub 12 feminina. Mentres que Pablo Barreiro Iglesias fixo o mesmo na categoría masculina con 5 minutos 45 segundos. Da categoría sub 10 feminina foi Claudia Álvarez Velasco a gañadora con 2 minutos e 2 segundos, e na masculina foi Bruno Trashorras Domínguez o que completou o percorrido primeiro nun minuto 58. Na categoría absoluta e sub 23 feminina foi Águeda Muñoz Marqués a gañadora cun tempo de 28 minutos e 48 segundos mentres que na masculina foi Víctor Ruíz Órden o que venceu con 27 minutos e 51 segundos. A categoría popular mixta tivo como vencedor a Jorge García Cabanas con 12 minutos e 2 segundos.