Skip to main content
Lugo

‘Cayo Julio César’ nominado ao mellor mural do mundo 2021

Por 18 Xaneiro, 2022Sin comentarios

The Best of 2021 Street Art Cities é unha plataforma global que ten como misión promover e documentar o arte urbano no mundo. Están activos en case 900 cidades con máis de 37.000 obras de arte. Durante o último ano, fóronse compartindo os murais e traballos acadando como resultado unha selección das 100 obras de arte máis populares do 2021. Esta lista global conta con rincóns de todo o planeta, dende Dinamarca ata Sudáfrica.

A través dunha enquisa realizada en internet pódese votar pola mellor obra ata o 6 de febreiro.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfYEDuRxZUgQHAacmQzRZfXScJUx1X49pKRp4Mwfv2RPmEQ4g/viewform?fbclid=IwAR1hcNrZDP9b3nxSI1tMgYDDMW7wKFd_-Mfpq9w0T5GTcHLi0z_k7SEOZMA

O grafiti “Cayo Julio César” elaborado polo lucense Diego As dentro do proxecto URBAN CORES, das concellerías de Benestar e Xuventude, é candidato ao mellor mural urbano do mundo. O mural localizado na Ronda da Muralla de Lugo. Esta obra xa foi elixida como mellor grafiti do mundo no mes de agosto.

A obra mostra a Julio César sobre un muro de 20 metros de alto, segue unha escala de grises seguindo as normas de Patrimonio. A súa localización permite admiralo dende o alto da muralla.