Skip to main content
Lugo

Os Veciños e Comerciantes de San Antonio de Lugo solicitan o arranxo de pasos de peóns

Por 19 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Veciños e Comerciantes do Barrio de San Antonio (VECOMSA) de Lugo presidida por Cecilia Vázquez García denuncia o estado no que se atopan os tres pasos de peóns situados na confluencias das rúas Lamas de Prado e Serra de Outes na capital lucense. Na actualidade permanecen case borrados na súa totalidade.

Este feito supón un risco para a seguridade vial e cidadá, acentuado debido a súa proximidade co centro educativo CEIP Menéndez y Pelayo ao que acoden diariamente centos de escolares, e en moitas ocasións, tamén persoas de idade avanzada.

Ademais, nesta zona conflúen as rúas supón un punto de paso case obrigado para a circulación en vehículos da zona, polo que a perigosidade diaria é moi elevada.

Por estes motivos, a Asociación de Veciños e Comerciantes do Barrio de San Antonio solicitan o repintado e o arranxo destes pasos de peóns.