Skip to main content
Lugo

A diversidade sexual será o tema central da charla feminista do 25 de xaneiro

Por 21 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O BNG continúa co ciclo de charlas feministas cunha nova sesión na que se debaterá sobre a diversidade sexual.

A encargada de moderar o acto será Maite Ferreiro vicepresidenta da Deputación e concelleira de cultura en Lugo. Contará coa participación da secretaria confederal de mulleres da CIG, Nicolasa Castro, e co responsable do grupo de traballo LGBT do BNG, Neal Baxter.

Nicolasa Castro é profesora de lingua e literatura galega, nos últimos anos liberada na CIG Ensino e desde hai 5 anos forma parte da Executiva confederal da CIG. É responsable da Secretaría das mulleres desde o último congreso da CIG en outubro de 2021. Participa na Marcha Mundial das Mulleres en Ferrol e desde o inicio de galegas 8M colabora na organización do 8 M desde esta plataforma do feminismo galego.

Robert Neal Baxter (Shrewsbury, 1966) é lingüista e tradutor especializado nas linguas galega e bretoa. Doutorado en Tradución pola Universidade de Vigo no ano 2003, onde continúa dando clases de interpretación. Integrante do Consello Nacional do BNG, representando á comarca de Compostela. Actualmente, é responsable do grupo de traballo LGBT do BNG.

Esta nova charla celebrarase o vindeiro martes 25 de xaneiro a partir das 19:30 no Centro Social Uxío Novoneyra.