Skip to main content
Lugo

A rúa Dinán conta cun novo paso de peóns

Por 21 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A rúa Dinán conta cun novo paso de peóns que unifica os parques infantís co Camiño de Santiago.

A acción enmarcase, xunto co novo paso de peóns que se fará en San Eufrasio, na estratexia iniciada pola área de mobilidade e infraestruturas de achegar os espazos de xogo infantil e o camiño de Santiago dun xeito seguro. Despois de materializar pasos de peóns elevados no entorno dos centros escolares da cidade a área de mobilidade e infraestruturas está a dotar as contornas dos parques infantís e do Camiño de Santiago e pasos seguros para as persoas.

A empresa OVISA será a encargada de executar as obras dos pasos de peóns elevados que nas rúas Dinán e San Eufrasio cun orzamento que ronda os 20.000 euros. “Foron moitas as persoas que están demandando a construción deste paso elevado e que dende o concello de Lugo imos a facelo canto antes para cumprir co noso obxectivo de reducir o número de accidentes e facer de Lugo” sinalou Rubén Arroxo que engadiu “tratase doutra actuación máis nesta zona na que se corrixiu o sentido de circulación do tráfico, se fixo unha dársena para o bus urbano e se incrementaron considerablemente as prazas de aparcamento”.