Skip to main content
Lugo

A Asociación Veciñal Lucus Augusti mostra a súa preocupación pola ocupación ilegal de vivendas

Por 22 Xaneiro, 2022Xaneiro 23rd, 2022Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Lugo Lucus Augusti mostra preocupación pola situación que están a rexistrar os barrios da cidade de Lugo motivada pola ocupación ilegal de vivendas, que agora afecta en especial o Barrio do Sagrado Corazón, pero que tamén preocupa noutros Barrios como o da Milagrosa, As Gándaras, e resto de zonas da cidade.

Desde a asociación queren facer un chamamentos ás autoridades co fin de que tomen conciencia real desta grave situación e cambien a Lei en relación a ocupación ilegal de vivendas. “Pedimos que sexa unha Lei máis dura do que é actualmente, e que preserve o dereito á propiedade desde o minuto un”.

“Solicitamos que todas estas persoas que ocupan ilegalmente vivendas non se inclúan no padrón municipal e retírenselles as axudas sociais ás que poidan ter dereito” continua a federación que tamén pide que os propietarios de vivendas, tanto particulares como entidades bancarias, as teñan debidamente pechadas sen decaer no abandono.

A asociación recorda que “ben sabido é que se che ocupan unha vivenda e non actúas nas primeiras horas, non se pode facer nada, tendo que recorrer á vía xudicial, incorrendo en gastos (avogados, procuradores, …), xa que ao final os ocupas decláranse insolventes e non sofren ningunha pena.
Moitas veces vemos como os ocupas e as mafias organizadas contorna á ocupación, conectan auga e luz de forma ilegal, co correspondente perigo que supoñen estes tipos de conexións, ademais dos custos que nos repercuten a todos”.

Por todo isto a Federación solicita a reforma da Lei e que esta inclúa penas de prisión por este tipo de ocupación, xa que “os ocupas campan ás súas anchas e mesmo chantaxean aos propietarios, provocando unha situación insostible, pedimos penas de prisión con efecto disuasorio”.

En moitas ocasións, cando termina unha ocupación o propietario ve como a súa vivenda sufriu danos, danos que non se resarcen.