Skip to main content
Lugo

Un operativo especial reforzará a limpeza viaria do municipio ante a chegada de baixas temperaturas

Por 24 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A área de medio ambiente informa de que esta madrugada porá en marcha un operativo especial que reforzará o dispositivo de limpeza viaria do municipio ante a chegada dunha alerta amarela por baixas temperaturas que afectará á capital e que prevé alcanzar valores mínimos que poden baixar dos – 4ºC.

“Concretamente, a partir das 04:00 horas de mañá martes, un camión satélite cun condutor e dous peóns, botarán sal en todos aqueles puntos da cidade nos que se poidan formarse placas de xeo, con especial atención ás inmediacións dos centros médicos e ás contornas educativas nas que se atopan centros escolares, paradas do autobús, etc”, indicou o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández.

O concelleiro fixo ademais un chamamento á cidadanía para pedirlle que “extreme as precaucións ante a situación meteorolóxica adversa que imos atravesar esta noite tanto se se desprazan a pé como en coche, ante o risco de poder atoparse con xeadas de consideración na calzada”.