Skip to main content
Lugo

A Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo convocan unha concentración o 31 de xaneiro

Por 26 Xaneiro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O vindeiro 31 de xaneiro a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo convoca unha concentración co fin de facer visible a queixa á banca polo trato discriminatorio que se exerce sobre as persoas maiores.

Os máis maiores son os máis esquecidos neste eido, cada vez son máis as xestións que teñen lugar nos caixeiros e, que se fas na oficina teñen un custe adicional. Ademais, dende a pandemia, as caixas tan só atenden ata as 11.00 horas, dificultando así o acceso aos trámites.

Son moitas as persoas que teñen que ir acompañadas ao banco para pagar un recibo, sacar diñeiro ou realizar outro tipo de xestións, polo que dende a Asociación de Xubilados e Pensionistas convocan unha concentración sen bandeiras nin ideoloxías ás 12.00 horas da mañá na rúa da raíña de Lugo.

Os xubilados manifestan que se senten “clientes non desexables”. “Moitos non estamos familiarizados coa tecnoloxía” engaden. Ademais, afirma que “cada mañá vemos como moitos xubilados fan cola dende ás 8.30 horas en días de frío e auga na rúa, diante dos bancos esperando á hora de apertura”.