Skip to main content
Lugo

Rubén Arroxo, calificou como “lamentables” as pintadas aparecidas nas rúas de Lugo

Por 26 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O pasado martes Lugo amenceu cunhas pintadas de carácter ameazante cara o tenente de alcaldesa Rubén Arroxo, así o manifestou o edil nas súas redes sociais.

No fío publicado en Twitter, Rubén Arroxo explicaba que “cono” é a palabra coa que coñecidos perfiles da ultradereita e algún concelleiro do PP o nomean tomando como referencia este obxecto xa que “está todo Lugo en obras”.

As pintadas, localizadas en zonas que o tenente de alcaldesa frecuenta, súmanse aos ataques que recibe nas redes sociais a través de perfiles falsos.

Antes esta situación Rubén Arroxo, que cualificou como “lamentables” as pintadas aparecidas nas rúas de Lugo, afirma que “non se trata dun ataque contra o BNG, senón dun ataque contra a democracia e as máis de 7.000 persoas que votaron ao BNG”. Ademais, destacou que “Lugo é unha cidade respectuosa, na que se adoita dicir que todos nos coñecemos”, e criticou as “ameazas por cuestións ideolóxicas de persoas que non aceptan que o BNG estea a mellorar a cidade”

O tenente de alcaldesa explicou que “as amezas veñen por cuestións puramente de odio ideolóxico, son persoas que non aceptan que o papel do BNG no goberno está a mellorar a cidade. A súa ira lévaas a unha frustración que acaban, lamentable, en pintadas con ameazas de morte”.

Por outra banda, dende as redes sociais do Partido Popular mostraron o seu rexeitamento a este tipo de actuacións “O Grupo Popular, como sempre fixo, condena todo tipo de pintadas e máis se son ameazantes contra calquera persoa ou ideoloxía política”.