Skip to main content
Lugo

O Pazo de San Marcos acolle a presentación de “Contos de Seu”

Por 28 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Pazo de San Marcos acollerá hoxe, venres 28, a presentación do libro “Contos de Seu” de Xosé Tomás, un título editado pola as.pg, Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Esta obra é unha homenaxe a Ánxel Fole, a través de historias narradas coa conxugación da palabra e a ilustración que beben do ambiente deste autor, da súa retranca e do seu misterio. Por tanto, non é un libro sobre Ánxel Fole, senón sobre a mirada que imprimía este na cultura de seu.

A linguaxe empregada é unha mestura indisoluble de imaxe, palabra, silencios e, sobre todo, tempo. Presenta breves historias co obxectivo de reconstruír e completar, con personaxes que resolven desde a idiosincrasia propia cunha mirada poliédrica. Os costumes, lugares, e as maneiras de relacionarse convidan á reflexión, ao pouso, e marcan distancia coa realidade actual duns tempos vitais marcados pola inmediatez e a presa continua.

O acto terá lugar mañá, venres 28 de xaneiro, ás 20:15 horas no salón de actos da Deputación de Lugo (Pazo de San Marcos).

Será preciso inscribirse nos teléfonos 982 260 060 ou 982 260 134, ou ben no correo electrónico protocolo@deputacionlugo.org antes deste venres 28 ás 14:30 horas.

Por motivos de prevención da Covid, será obrigatorio o uso de máscara FFP2 en espazos interiores da Deputación, e por tanto, no salón de actos no que se presentará este libro.