Skip to main content
Lugo

Nova capa de rodadura no acceso á zona industrial da Campiña de Lugo

Por 31 Xaneiro, 2022Sin comentarios

As naves da Campiña en Lugo contarán cun mellor acceso grazas aos traballos que se están a realizar dende a fin de semana. Estes inclúen a renovación da capa de rodadura do acceso á zona industrial. Ruben Arroxo e Felipe Penas visitaron o comezo das obras.

Rubén Arroxo explicou que “continuamos a traballar na mellora das zonas industriais da cidade, recollendo ao mesmo tempo unha solicitude das distintas empresas da zona, que reclamaban a mellora do asfalto desta vía”.

A solución adoptada pola concellería de infraestruturas urbanas consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptaranse os rexistros á nova cota da vía e renovarase a sinalización horizontal.

Arroxo explicou que “esta é unha intervención importante que nos permitirá rematar a renovación desta rúa e continuar a mellorar o estado das zonas industriais de Lugo”.