Skip to main content
Monterroso

Unha campaña solidaria conseguiu que ningún neno de Monterroso quede sen xoguete neste Nadal

Por 6 Xaneiro, 2022Xaneiro 7th, 2022Sin comentarios

Unha campaña solidaria levada a cabo polo Disco Pub Morris conseguiu que ningún neno do Concello quede sen xoguete este Nadal.

Todos os nenos e nenas de Monterroso poderán desfrutar dos seus xoguetes grazas a achega económica do Pub Morris e a colaboración do Concello de Monterroso.

A entrega foi realizada no día de onte ao Concello de Monterroso, feita por José Antonio Rios en representación do local de ocio Disco Pub Morris e entregado a alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, ao tenente de alcalde, Eloy Pérez e o concelleiro de xuventude, Marcos Otero.

En total, 1040 euros recadados a través dunha campaña chamada “novembro Solidario” levada a cabo polo local. Nesta, durante o mes de novembro, o local ofrecía ao seu público unha actuación musical. Os clientes que así o desexaran podían realizar unha colaboración voluntaria no momento de entrar ao local.

Esta iniciativa ven da man dun xove emprendedor que, malia as dificultadas provocadas polo Covid-19 decidiu apostar abrindo un negocio axudando a dinamizar a vida social do Concello e contribuíndo en labores sociais.