Skip to main content
Palas de Rei

Os Reis Magos percorrerán a vila de Palas de Rei a cabalo

Por 4 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei colabora coa multinacional Jim Sports para organizar as actividades do día de Reis. Esta empresa encargarase de doar de maneira gratuíta ao municipio os agasallos que os reis outorgarán aos nenos.

O alcalde de Palas de Rei, agradece un ano máis a colaboración do Grupo Jim Sports e resalta a significación para todo o municipio o feito da súa implantación en Palas de Rei.

Con esta colaboración, máis de 300 nenos e nenas recibirán o seu agasallo de reis. Neste sentido, o alcalde palense resaltou o “excepcional espírito de Nadal e de colaboración para que ningún neno de Palas de Rei se quede sen agasallo nestas datas.

A cabalgata terá lugar mañá día 5 de xaneiro e comezará ás 17.00 horas cando os Reis Magos percorrerán as rúas da vila a cabalo rematando ás 17.30 horas na praza do Concello onde repartirán os agasallos a todos os rapaces.