Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei porá en marcha unha nova edición do espazo coworking na localidade

Por 23 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei porá en marcha unha nova edición do espazo coworking na localidade. Esta é unha iniciativa para impulsar novos proxectos e iniciativas empresariais.

Na primeira edición desta aceleradora, a Escola de Organización Industrial (EOI) e o Concello de Palas, participaron 14 iniciativas, e xa se crearon catro empresas a raíz deste coworking vinculado co Camiño de Santiago.

Estes espazos son lugares de traballo, destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, estando deseñados para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento no rural galego. Na provincia de Lugo, acollerán tamén espazos coworking A Ribeira Sacra, con sede en Monforte de Lemos, e A Mariña, con sede en Mondoñedo.

Palas de Rei conta co distintivo de Concello Emprendedor, unha figura que implica a colaboración entre a Administración autonómica na captación de novos investimentos para Galicia, contribuíndo a alcanzar tres grandes retos: máis simplificación administrativa, máis facilidades de acceso a solo industrial, e máis incentivos fiscais. A cambio, os Concellos Emprendedores teñen prioridade en convocatorias de ordes de axudas dirixidas á mellora dos parques empresariais, a posta en marcha de viveiros industriais ou o impulso da biomasa. Deste xeito, contribúese tamén á creación de emprego.