Skip to main content
Folgoso do CourelPedrafita

A Deputación responde ao comunicado do Concello do Courel en relación as obras da LU-P-1301

Por 29 Xaneiro, 2022Xaneiro 30th, 2022Sin comentarios

A Deputada Pilar García Porto responde ao comunicado que grupos municipais de Folgoso do Courel enviaron a Deputación mostrando a sua desconformidade polas obras que se están levando a cabo na LU-P-1301 que une Pedrafita do Cebreiro con Seoane do Courel. Neste anuncio, os grupos municipais, recordan que é a principal vía de unión entre o norte e o sur do Courel e tamén a vía de acceso a A-6.

Neste comunicado os grupos municipais do Courel afirmaban que a mediados de decembro a institución provincial explicou que as actuacións adxudicadas en Xunta de Goberno contemplaban a ampliación da estrada dende o punto quilométrico 8,6 ao 10,7, pasando dos actuais 4 metros ata os 5,5 metros de ancho. Tamén que se farían tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación e sinalización horizontal e vertical. Ademais, anunciaron a colocación de balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade.

“Tras varias semanas de obras, consideramos a actuación non responde ao proxecto que se ten anunciado e a súa execución está sendo moi deficiente” declaraban no informe.

Tras estas afirmacións, a deputada Pilar García Porto informa que “o comunicado que nos envían está cheo de erros e responde claramente a unha táctica electoralista do Partido Popular”. “Para empezar fala de que as obras adxudicadas en decembro do ano pasado no tramo que vai do quilómetro 8,6 ao 10,7 levan varias semanas en execución isto non é verdade, as obras dese tramo non empezaron. Van empezar nas vindeiras semanas cando as condicións meteorolóxicas sexan máis favorables para poder acometer estes traballos” continuou.

Ademais, García Porto engadiu que “as obras que por outro lado si están en execución a día de hoxe son as do tramo inmediatamente anterior entre o quilómetro 10,7 e o 12,6 estas obras foron adxudicadas en marzo do ano pasado e, polo tanto, levan xa varios meses en execución. A día de hoxe, nese tramo falta por acometer máis ou menos un 30% do proxecto que no prazo aproximado dun mes vai a quedar rematado”.

A deputada insiste en que “as obras desta estrada na súa totalidade están en fase de execución polo tanto, facer neste momento calquera tipo de valoración é imprudente e precipitado precisamente porque aínda se están executando. As valoracións reais das obras deben facerse unha vez rematadas”.

Para finalizar, quixo engadir que “a Deputación de Lugo garante que unha vez finalizadas as obras na súa totalidade van a quedar ben. Esta institución ten todos os mecanismos necesarios para garantir que as obras se axustan ao proxecto e para que cumpran con todos os estándares de calidade esixidos”.