Skip to main content
Portomarín

Conclúe o campamento de Nadal de Portomarín

Por 9 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Remata o Campamento Xuntos no Nadal que fomentaba a conciliación familiar durante os períodos non lectivos enmarcado dentro do programa Portomarín Concilia a través do que se porán en marcha diferente actividades neste ano 2022.

Os rapaces e rapazas que participaron puideron desfrutar de xogos, obradoiros e demáis actividades a favor do ocio e tempo libre no rural, favorecendo que nos períodos non lectivos os nenos de parroquias máis afastadas ao núcleo urbano participen nun tempo lúdico e de convivencia no período de vacacións.

As actividades estaba dirixida a nenos de entre 3 e 12 anos de idade empadroados na vila. A participación era de carácter gratuíto.

As actividades tiveron lugar de luns a venres dende o día 23 de decembro ata o 7 de xaneiro en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Na programación recolléronse obradoiros de Nadal que fomentan a creatividade, a psicomotricidade fina e o uso responsable dos materiais. Xincanas nas que os nenos competiron para lograr as diferentes probas e Multixogo e deporte para a realización de exercicio favorecendo a promoción de hábitos saudables. Ademais apoiou o reforzo dos lazos existentes entre os nenos e nenas do concello, fomentando as relacións persoais entre os máis novos.