Skip to main content
Portomarín

O PSOE de Portomarín solicita o arranxo das vías municipais cos fondos do Plan Único da Deputación

Por 12 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A voceira do PSdeG no Concello de Portomarín, Silvia Rodríguez, presentou unha iniciativa no último pleno, coa que demandou o arranxo de varias vías municipais con cargo ao Plan Único da Deputación 2022, “que este ano investirá no noso concello un montante económico de 263.989 euros”, remarcou.

Rodríguez demanda concretamente a rexeneración e melloras dos camiños municipais na parroquia de Soengas (a vía desde Soengas a Acevedo, en Soengas pobo, de Soengas a Valdaforca, de Soengas de Arriba ata límite do Concello en dirección a Xián, de Soengas a Castro de San Martín e pista de Porto de Lugo). Tamén na parroquia de Narón, o vial que transcorre desde Narón ata ao límite do Concello en dirección á cárcere de Monterroso. Igualmente, demanda arranxos na vía principal da parroquia de Castromaior, que coincide cun tramo importante do Camiño de Santiago, na parroquia de Gonzar (ata o cruce de Acevedo), sobre todo na súa parte inicial, (onde tamén coincide cun tramo do Camiño de Santiago, así como a pista que comunica as parroquias de Gonzar e Vilaxuste. E por último na parroquia de Vilaxuste, as pistas do Mazo, da antiga escola e a de Vilar a Domez.

A Voceira Socialista lembrou que con cargo ao Plan Único da Deputación 2021 o Concello de Portomarín realizou melloras na pavimentación e nos accesos a Rebordondo, Vilarbasín, Soengas, Casás, Vilaproi e Vedro, así como a reparación da Rúa de Lugo en Portomarín.

Silvia Rodríguez remarca “parécenos prioritario que se atendan as demandas da veciñanza e que se arranxen os viais municipais, en vez de utilizar os nosos recursos públicos en obras faraónicas, como por exemplo no parque Agustín do Rio. As parroquias de Portomarín están completamente abandonadas, por iso é necesario investir os recursos económicos cos que conta o Concello, sen malgastalos en obras e proxectos sen sentido nin rumbo”, dixo a Voceira.