Skip to main content
Axenda Caducada

A sexta edición do 17° Ribeira Sacra Festival terá lugar do 29 ao 31 de xullo

Por 21 Xaneiro, 2022Xullo 31st, 2022Sin comentarios

Ven a decubrir o teu sexto sentido, é o lema que acadou a sexta edición do 17º Ribeira Sacra, un festival que pon en valor o patrimonio do lugar e que terá lugar do venres 29 de xullo ata o domingo 31. Esta proposta conta cun programa formado por máis artistas de gran calidade, novos escenarios e actividades vinculadas ao patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra.

Durante os días nos que se celebra o festival, serán diferentes localizacións da Ribeira Sacra os que acollerán aos artistas e ao público. Este festival, que acadou o recoñecemento a Mellor festival de pequeno formato de España en 2020 tamén está nomeado en catro categorías dos Iberian Festival Awards.

Nos vindeiros días darase a coñecer os primeiros artistas confirmados e o novidoso programa. Nas edicións pasadas os participantes puideron desfrutar de concertos en escenarios peculiares como o catamarán de Ponche do Sil ou o Miradoiro de Santiorxo, houbo actividades diversas como showcookings, roteiros, catas a cegas, etc.

Ademais, pronto sairán os abonos “blind ticket” que permite adquirir a entrada ao festival sen coñecer aos artistas que conformarán o cartel.

17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. Un proxecto novo que reafirma grazas aos seus recoñecementos a súa importancia en todo o territorio, así como a súa proxección nacional e internacional.

En cada un dos seus espazos (adegas, miradoiros, un catamarán con música en directo…) o festival ofrece a oportunidade de vivir a Ribeira Sacra dunha maneira diferente. Experiencias extraordinarias que fan que 17º Ribeira Sacra Festival forme parte de Momentos Alhambra, que nace da paixón da cervexeira pola música e polo descubrimento de creacións auténticas feitas para gozar cos cinco sentidos.

A través das súas diferentes edicións, 17º Ribeira Sacra Festival quixo reinterpretar a personalidade do territorio a través de figuras nacionais e internacionais da música, a cultura, o viño, a gastronomía, o patrimonio… todos eles embaixadores da mensaxe do festival dentro e fóra das nosas fronteiras.