Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Volta ao céspede marcada pola Covid

Por 10 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Covid prexudicou a volta ao campo dos lucenses. En Preferente o enfrontamento entre o Club Lemos e o Ribadeo cancelouse estando á espera da nova data.

En Primeira, o enfrontamento entre o Portomarín e o Chantada Atlético, rematou cun resultado final de 3-1 que deixa aos chantadinos na terceira posición da clasificación. O encontro tivo un claro dominio local, os líderes do grupo anotaron o 1-0 no minuto 22, o segundo gol chegou no 31 e, aínda que o equipo visitante intentou igualalo no 46’ co 2-1 isto non foi suficiente, no seguinte minuto anotaron o 3-1 co que chegaron ao final do encontro.

A última hora, aprazouse o derbi comarcal entre o Chantada-Taboada.

En Segunda Galicia, os enfrontamentos dos equipos da comarca da Ribeira Sacra sufriron innumerables cancelacións xogándose tan só o enfrontamento entre o Bóveda e o Brollón que deixou unha vitoria local. Os de Bóveda anotaron o primeiro punto no minuto 25 e afianzaron o resultado no 74 co 2-0. Esta vitoria supón para os do Bóveda abandonar a última posición da táboa pasando a ocupar o sexto lugar.

En Terceira Galicia, o enfrontamento entre o Rubián e Lemos B tamén se aprazou como medida de precaución.

O Sober gañou pola mínima ao Taboada B. Os locais lograron coller vantaxe no minuto 22 co 1-0, pouco despois o Sober conseguir empatar o resultado chegando co 1-1 ao tempo de descanso. Xa na segunda parte, Iván anotou creando perigo ao poñer o seu marcador por enriba, isto deu máis confianza aos visitantes que se puxeron 1-3 asegurando o resultado. No minuto 70, os locais lograron burlar ao porteiro do Sober, sendo isto insuficiente para facerse coa vitoria. Desta forma, o Sober colócase terceiro da clasificación mentres que o Taboada B queda penúltimo.

Por outra banda, o encontro entre o Carballedo e o Relámpago Taboada foi moi igualado, isto viuse reflectido no marcador final 2-2. Este encontro estivo marcado polos penaltis, tres dos catro goles totais foron froito de este tipo de tiro. Co marcador en 2-1 Isaac dos visitantes logrou empatar o resultado sobre a bucina.