Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Nesta xornada decidirase quen encabeza a lista de Terceira Galicia

Por 15 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Despois do gran número de cancelacións e aprazamentos que tiveron lugar a pasada fin de semana nas ligas de fútbol de Galicia. Esta xornada parece que volve á normalidade e que se xogarán a maioría dos encontros.

Na liga Preferente Galicia o Club Lemos enfrontarase ao o equipo lucense Residencia. O encontro terá lugar o domingo 16 de xaneiro ás 17.30 horas na Cheda. Este partido será decisivo en canto á posición do Lemos B xa que, na actualidade, está empatado a puntos co Betanzos.

Na liga Primeira Galicia, o Taboada xogará contra o líder, o Portomarín, o domingo 16 ás 16.00 horas. Mentres que o Chantada Atlético comezará o seu encontro co Guntín media hora máis tarde no Ladairo.

O segundo da clasificación, o Chantada, xogará contra o pechacancelas o Friol este domingo 16 ás 12.00 horas.

En Segunda, o encontro entre o Chantada B e o Oural que tería lugar hoxe, no Sangoñedo foi suspendido. O líder, o Ferreira, xogará contra o Incio na súa casa hoxe ás 16.00 horas. No día de mañá, 16 de xaneiro, terán lugar os enfrontamentos entre o Río Sil-Bóveda e o Quiroga contra o Brollón ámbolos dous ás 16.00 horas.

En Terceira Galicia, o Relámpago Taboada xogará este domingo pola mañá contra o Rubián.

O Lemos B enfrontarase ao Castroverde no Luís Bodegas. Mentres que o Taboada B xogará contra o Monterroso B. Esta xornada, haberá un derbi comarcal entre o Sober e o Carballedo. Os dous equipos da Ribeira Sacra xogarán no Centeas o domingo ás 16.00 horas.

Esta xornada será decisiva para definir o líder da clasificación, na actualidade, o Lemos B, o Rubián e o Sober están empatados nos primeiros postos da táboa con 16 puntos.