Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

A Ribeira Sacra comprometida coas enerxías renovables electrificará o transporte

Por 18 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra presentouse no día de onte en Sober. Esta iniciativa demostra o compromiso co vehículo eléctrico da comarca lucense e de Galicia.

A Ribeira Sacra vai abandeirar na comunidade o compromiso coa mobilidade eléctrica e sustentable a través deste plan que contribúe a acrecentar as calidades ambientais e paisaxísticas desta paraxe natural, candidata a Patrimonio da Humanidade. Estase traballando desde A Ribeira Sacra no impulso dunha Galicia máis sustentable e comprometida coas enerxías renovables.

O plan presentado hoxe ten por obxectivo electrificar o transporte colectivo (tanto autobús como catamarán) que dá servizo a ambas marxes do río e conecta os principais puntos de interese turístico. Para iso realizaranse as obras necesarias para que os pantaláns dos catamaráns turísticos dispoñan de puntos de recarga adaptados ás necesidades dos autobuses lanzadeira e dos propios catamaráns.

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra está a adquirir un vehículo híbrido enchufable e traballando na elaboración do Proxecto Fluvial-Eléctrico, dando o impulso necesario para que poida optar ás axudas do programa Moves Proxectos Singulares do Goberno.