Skip to main content
ChantadaTaboada

Hoxe día 2 xogarase o derbi Chantada Atlético-Taboada no Sangoñedo

Por 2 Xaneiro, 2022Xaneiro 3rd, 2022Sin comentarios

O derbi da comarca entre o Chantada Atlético e o Taboada, que foi suspendido despois de que dous xogadores do Chantada Atlético deran positivo en Covid, disputarase hoxe no Sangoñedo.

Este enfrontamento pertence á novena xornada de Primeira Galicia grupo 3A que se tiña que ter xogado o fin de semana do 19 de decembro .

O encontro entre os veciños da Ribeira Sacra terá lugar hoxe, domingo 2 de xaneiro ás 16:00 horas no Sangoñedo.

O enfrontamento decidirá cal dos dous equipos pasa a ocupar o terceiro posto da clasificación. Xa que, na actualidade, é o Taboada o que ocupa este lugar con 15 puntos, tan só un máis que o seu rival Chantada Atlético que vai de cuarto con 14.

Ámbolos dous equipos xogaron ata o de agora, 8 partidos dos que gañaron 4. O Taboada empatou 3 e perdeu 1 mentres que o Chantada empatou e perdeu 2.