Skip to main content
ChantadaTaboada

Vitoria para o Chantada Atlético no derbi contra o Taboada

Por 3 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O derbi da comarca entre o Chantada Atlético e o Taboada acadou un resultado final de 2-1. Trala suspensión do encontro despois de que dous xogadores do Chantada Atlético deran positivo en Covid o pasado 19 de decembro, o xogo tivo lugar o día de onte, 2 de xaneiro, no Sangoñedo.

A primeira parte, foi moi igualada e chegou ao descanso co marcador sen estrear. Non foi ata o minuto 56 cando Brais dos locais logrou burlar ao porteiro e sumar un punto no taboleiro. Dous minutos despois, Adrián, encargouse de afianzar o resultado marcando o 2-0.

Case sobre a bucina, os de Taboada lograron anotar un penalti deixando o resultado final en 2-1.

Este partido era decisivo para ver cal dos dous equipos ocuparía o terceiro posto da clasificación. Ata o desenvolvemento deste encontro, era o Taboada o que ocupaba esta posición con 15 puntos, na actualidade o Chantada Atlético púxose por riba cun total de 17 puntos.

O vindeiro fin de semana o Chantada Atlético xogará contra o CF Portomarín mentres que o Taboada enfrontarase ao SD Chantada.