Skip to main content
Chantada

Iván Garmén e a súa arpa paraguaya estarán en Garabelos

Por 7 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Hoxe, o Cinema Palleriso encherase de música grazas ao concerto que ofrecerá Iván Garmén ás 17.00 horas. O músico deleitará aos asistentes co seu instrumento a arpa paraguaya, coa que cativou ao público de todo o mundo despois de facer unha xira por distintos festivais de música por diversos países.

Esta cita é perfecta para comezar o ano cun baño sensitivo e musical. Iván Garmén fará un percorrido da historia da arpa dende a Idade de Ferro cos celtas, pasando polas músicas tradicionais de latinoamérica ata a actualidade.

O escenario deste músico será o Cinema Palleriso, unha proposta de carácter innovadora localizada na aldea lucense de Garabelos. Este local sofreu unha transformación xa que era unha antiga palleira. Na actualidade está rehabilitada coma unha sala de cinema peculiar, na que o proxector está enmarcado en madeira de bidueiro. A súa capacidade é de case 70 persoas. 26 das butacas foron doadas polo cinemas galegos, tamén hai un carro de vacas, un galiñeiro e alpacas que actúan como asentos adicionais.

ARPA PARAGUAYA
A arpa paraguaia é un instrumento musical característico do país Paraguai. Este naceu froito da confluencia das culturas musicais europea e guaraní. Derivada do arpa angular clásica introducida durante a colonización española nas misións jesuíticas guaraníes. Os sacerdotes da Compañía de Jesús introduciron este instrumento na zona a fins do século XVII, e foron eles xunto cos guaraníes quen modificaron a arpa clásica de modo tal que resultase algo máis pequena -co fin de ser interpretada por un músico sentado-, construída integramente de madeira e co agregado de cordas, normalmente 36 cordas.