Skip to main content
Chantada

A prudencia obriga a cancelar o Entroido Ribeirao de Chantada

Por 9 Xaneiro, 2022Xaneiro 10th, 2022Sin comentarios

A Asociación Amigos do Entroido Ribeirao tomou a decisión de cancelar a celebración do Entroido Ribeirao. Debido á evolución da Covid, con gran número de contaxios, e cunha carga de traballo desorbitada sobre médicos e enfermeiros en centros de saúde e hospitais, prefiren ser prudentes e suspender esta cita.

O grupo anima aos veciños a coidarse para poder volver á normalidade canto antes, coidando o ben común e a saúde de tódolos cidadáns.

ENTROIDO RIBEIRAO
Trátase dunha das mostras etnográficas máis características de Chantada. Nos seus inicios celebrábase en varias das parroquias das ribeiras do Miño; hoxe mantense viva a tradición en Santiago de Arriba a través da Asociación Entroido Ribeirao.

O toque de cor póñeno os “volantes”, esta é a figura máis característica deste entroido cuxa vestimenta se basea principalmente nun pucho de cintas de cores, flores de papel e bonecos que poden alcanzar ata os 15 kg de peso. As faixas en cores vermello e amarelo, un cinto de campanitas e un pano “portugués” sobre os homes completan a súa vestimenta. De forma máis sinxela e/ou descoidada visten os personaxes que lles acompañan e que se encargan de abrirlles paso aos volantes: Peliqueiro, meco e maragato.

Outras das peculiaridades desta celebración son os chamados “oficios”, representacións teatrais en ton satírico que fan referencia aos veciños e veciñas.