Skip to main content
ChantadaTaboada

Novo aprazamento de última hora

Por 9 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Outro dos partidos que tería lugar na xornada de hoxe, domingo 9 de xaneiro, foi aprazado debido á actuación da Covid nos xogadores dos equipos.

O derbi comarcal entre o SD Chantada e o Taboada tivo que ser aprazado. Desta forma, o líder do grupo e o Taboada que ocupa o cuarto lugar, pertencendo ao grupo de ascenso, terán que verse as caras noutro momento, cando a situación mellore e o permita.

Ata o de agora, o Chantada xogou 9 partidos obtendo a vitoria en seis deles, empatando un e perdendo dous. Desta forma acumula un total de 19 puntos e ocupa o primeiro lugar da clasificación. Pola outra banda, o Taboada conta cun total de 15 puntos despois de gañar catro partidos, empatar tres e perder dous.

Con este, xa son tres os encontros que os equipos do SD Chantada non poden xogar nesta fin de semana. O Chantada B – Ferreira suspendeuse tralo pasamento dun familiar do adestrador rival. E, o Chantada Feminina contra o Comercial tamén se viu afectado pola Covid.