Skip to main content
Chantada

Chantada adquire un inmoble para levar a cabo unha nova biblioteca

Por 10 Xaneiro, 2022Xaneiro 11th, 2022Sin comentarios

O Concello de Chantada adquiriu dous novos espazos co fin de mellorar os servizos que ofrece aos seus veciños.

Dun local de ocio nocturno a unha biblioteca municipal. O goberno local adquiriu o antigo Pub Boy’s co propósito de levar a cabo unha rehabilitación e destinalo a biblioteca. A maiores deste baixo, tamén se fixo cunha antiga academia co fin de usalo como inmoble que acolla diferentes servizos sociais. Neste novo inmoble, proxéctase un novo espazo que acolla as sesións plenarias, comisións de goberno e que algunhas das oficinas municipais se trasladen a este lugar.

O rexedor requirirá unha reunión cos membros da Xunta para chegar a un acordo e firmar os convenios necesarios que lle permitan realizar ambos proxectos.

A necesidade dunha biblioteca na zona é un dos reclamos dos veciños, xa que, na actualidade, cóntase cunha pequena sala na planta alta da casa da cultura que resulta insuficiente. Os fondos necesarios para levar a cabo a nova biblioteca son 600.000 euros e dúas anualidades, mentres que a rehabilitación e traslado dos servizos municipais ao novo inmoble requiren unha inversión de case un millón de euros.

Con estes novos servizos no casco histórico da vila estarase poñendo en valor o mesmo e, ademais, centralizarase a actividade nunha zona de fácil acceso para os veciños.