Skip to main content
Chantada

Por Chantada denuncia o uso de herbicidas para usos non agrarios por parte do Concello

Por 16 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O pasado 19 de decembro o grupo Por Chantada dirixiuse ao Concello de Chantada solicitando información sobre os produtos que se botaron en varias rúas, co fin de obter a información que dese coñecemento dos protocolos e condicións que se fixeron dos mesmos.

O grupo lembra que “en 2015 aprobouse, por unanimidade de todos os grupos, a moción Moción de Por Chantada para prohibir o emprego de herbicidas para usos non agrarios no concello de Chantada. A pesar disto, o Goberno municipal segue a facer caso omiso dos acordos e actúa con total opacidade”.

Ademais afirman que “xa en 2017 propuxemos un protocolo para o emprego correcto dos fitosanitarios no noso termo municipal, debendo sinalizarse e informar correctamente do seu uso, xa que afectan á saúde das persoas e ao Medio ambiente. Conseguiramos que aparecese sinalización por primeira vez, aínda que esta fose incorrecta e incompleta. No entanto, desde entón, coa mudanza de titular ca Consellaría de Medio Ambiente, retrocedemos”.