Skip to main content
Chantada

O Espazo Xove Chantada ofrece actividades para dinamizar a vida da mocidade

Por 17 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Espazo Xove de Chantada ofrece diversas actividades para os rapaces e xente nova do Concello, estas serán gratuítas e para poder acudir deberán realizar unha inscrición previa chamando ao teléfono 982 870 258.

As actividades que ofrece este espazo son, fotografía dixital que terá lugar todos os mércores de 16.00 a 18.00 horas, obradoiro de teatro os mércores de 18.00 a 20.00 horas, obradoiro de música e emocións os xoves de 16.00 a 18.00 horas, obradoiro de reciclaxe artística os xoves de 18.00 a 20.00 horas, pintura ao óleo contará con catro grupos debido a súa elevada demanda, un será os martes de 16.00 a 17.30 horas, outro de 17.30 a 19.00 horas. E os venres outros dous grupos no mesmo horario. Enredades na rede tamén contará con varios grupos, un os luns de 18.00 a 19.30 horas e outro os xoves á mesma hora. Por último, ofrécese tamén o obradoiro de cestería e cerámica os mércores de 16.00 a 18.00 horas.

Este tipo de actividades son unha maneira de facer veciñanza e achegar actividades creativas e culturais aos máis novos da zona. Con elas poderán desenvolver e fomentar a súa imaxinación, crear novas amizades, pasar un tempo de ocio e lecer fóra da casa, aprender novas técnicas de traballo e adquirir nocións da actividade na que se anoten.

Ademais, pode ser unha maneira de descubrir novos talentos e vocacións que axuden a descubrir a súa futura profesión.