Skip to main content
Chantada

Rematadas as obras no parque industrial de Chantada cun valor de 1,1 millóns de euros

Por 22 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O parque industrial de Chantada é un dos exemplos das capacidades instaladas en Galicia para xerar emprego e riqueza no rural. O polígono industrial dos Acivros sofreu obras que se acometeron nos últimos meses por un valor de 1,1 millóns de euros. Entre as actuacións encóntranse a mellora da subministración eléctrica e a ampliación da EDAR, para contribuír, así, á chegada de novas empresas.

A mellora dos parques empresariais de Galicia son parte da clave para favorecer a actividade das empresas asentadas e das que buscan instalarse nunha área industrial que responda ás súas necesidades.

É esencial a mellora e a modernización das infraestruturas dos polígonos empresariais galegos, tanto viarias como de xestión de residuos, depuración de augas, sistemas de vixilancia, sistemas eléctricos e antiincendios, así como fomentar a construción, reforma e equipamento de naves nas cales se vaian implantar viveiros industriais para atraer a novas empresas a instalarse nestas zonas.

No polígono dos Acivros, atópase diferentes empresas que están en pleno auxe e crecemento, aportando maiores oportunidades laborais no rural, creando negocio e xerando riqueza.