Skip to main content
Monforte

Unha nova ordenanza rexe as fachadas e os elementos construtivos de Monforte

Por 8 Xaneiro, 2022Xaneiro 9th, 2022Sin comentarios

O derradeiro pleno celebrado en Monforte tiña como un dos puntos de estudo a aprobación definitiva da ordenanza reguladora de fachadas, elementos construtivos e solares.

Trala aprobación deste punto, dende o primeiro día do ano o mantemento das fachadas e terreos sen edificar réxese por unha ordenanza que respecta o urbanismo responsable. Con esta nova medida estase a regular a altura dos muros de fábrica que pechan os solares. Estes, non poderán superar o metro e medio en todo o casco urbano.

Con esta nova iniciativa estase a contribuír na creación dunha mesma estética visual. Esta medida tan só permite alturas de ata 2,20 metros a aqueles muros que sexan provisionais e feitos a través dunha valla metálica.

Esta actualización na normativa non é de carácter retroactivo polo que, tan só, os peches que se levanten a partir de agora terán que cumprir esta nova.

Na nova ordenanza municipal tamén se establece o poder do Concello sobre as fachadas das edificacións que se atopen en vías públicas. Os propietarios terán a obriga de ceder o seu uso para a colocación de diferentes elementos que permita instalar alumeado, tamén estará permitido colocar pancartas de eventos municipais. Esto farase da forma menos invasiva posible e se ocasionan algún dano, será arranxado polo Concello.

O alcalde de Monforte, afirmou durante o pleno, que esta última medida está totalmente desvinculada á instalación de cámaras de vixilancia no centro de Monforte. A maioría delas irán instaladas en brazos de farois e semáforos.