Skip to main content
Axenda Caducada

A eutanasia será o tema central da casa da cultura Lois Pereiro de Monforte o 16 de febreiro

Por 18 Xaneiro, 2022Febreiro 17th, 2022Sin comentarios

Monforte acollerá a expertos da saúde no ciclo “O final da vida” unha xornada de formación na que poñentes e profesionais sanitarios abordarán a lei orgánica de regulación da eutanasia.

O médico de coidados paliativos e hospitalización a domicilio Rubén Molano Zárate será o moderador da mesa, que estará ocupada pola presidenta do Comité de Ética Asistencia (Cea), Arantza García Martínez, a enfermeira e vogal do consello de Bioética de Galicia, Isabel Vila Iglesias e o avogado Miguel Vieto Villar que tamén é cogal do consello de bioética.

Neste encontro trataranse os escenarios do final da vida, a responsabilidade da enfermería e a preparación dos profesionais neste proceso e trataranse os aspectos prácticos da lei orgánica.

Lei orgánica de regulación da eutanasia
A lei garante que un paciente poida decidir como será o proceso final da súa vida. E, se facilitará que estea acompañado pola súa familia, e apoiado en todo momento polo equipo de profesionais sanitarios.