Skip to main content
Quiroga

Os coches orixinais foron os vehículos escollidos polos Reis Magos para percorrer Quiroga

Por 6 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron a vila de Quiroga en coche orixinais seguindo un protocolo anti-covid que fixo que os nenos e nenas puideran ver de maneira segura aos Reis Magos.

O percorrido comezou ás seis da tarde, partindo das inmediacións da casa da cultura recorrendo a rúa Real.

A comitiva pasou lentamente para que os nenos que agardaban na beirarrúa puideran desfrutar da visita. Cada neno recibiu unha bolsa de lambetadas por parte do Rei Mago e o seu paxe real.

Melchor, Gaspar e Baltasar, antes da cabalgata, fixeron entrega dos agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio, tamén aproveitaron para achegarse ata o Centro de Día e a Residencia da Terceira Idade, onde saudaron dende fora aos residentes, como medida preventiva.

Como colofón, foron os propios Reis os que fixeron entrega dos premios aos nenos e nenas gañadores do Concurso de postais e do Certame de poesía de Nadal.