Skip to main content
Quiroga

Volve a Feira do Viño de Quiroga nas súas datas habituais, 16 e 17 de abril

Por 17 Xaneiro, 2022Febreiro 22nd, 2022Sin comentarios

A Feira do Viño de Quiroga, unha das citas máis esperadas polos veciños celebrarase os días 16 e 17 de abril como xa era habitual antes da situación sanitaria actual.

Os organizadores xa están a preparar esta cita, consolidada no calendario festivo da zona. Aínda queda fixar prazos e requisitos de inscricións, falar con colleiteiros, pechar nomes de posibles pregoeiros e organizar as innumerables actividades que van aparelladas a esta festa tan importante para a vila.

Esta celebración é unha maneira de exaltar o produto da terra, a súa calidade e o traballo dos seus artesáns.

O pasado ano, a festa non tivo lugar nas datas habituais de Semana Santa senón que se trasladaron ao verán, o 24 e 25 de xullo. Pese a todo, os días 3 e 4 de abril houbo unha serie de actividades alternativas como a publicación dun libro ou a exposición de botellas. A cita do verán tamén tivo imprevistos e malia ter todo preparado, nos últimos días decidiron cancelar a festividade e conservar as actividades culturais, co fin de asegurar a saúde dos veciños.