Skip to main content
Sober

Os nenos de Sober recibiron un agasallo na visita dos Reis Magos

Por 6 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Sober mostrouse cauteloso tralos últimos datos arroxados sobre a Covid 19. Por iso, para celebrar o día previo á chegada dos Reis Magos, decidiu realizar un percorrido, con paradas polas diferentes parroquias do Concello evitando así as aglomeracións de xente.

En total, os Reis Magos fixeron cinco paradas desde ben cedo; en Cadeiras, Bulso, Canaval, Anllo e na Casa da Cultura da localidade onde os esperaban os nenos e nenas das aldeas próximas a eses lugares. Deste xeito deuse cumprimento en todo o momento ao protocolo sanitario en vigor que fomenta o freo nos contaxios e a seguridade dos veciños.

Todos os nenos e nenas levaron o seu agasallo nun día moi especial para eles como preludio do que lles espera esta mañá. Con este tipo de actividades dende o Concello buscan manter a ilusión nestas datas especiais a pesar da situación sanitaria que se está a vivir.