Skip to main content
Sober

Express-Arte 5 Visións poderase visitar en Sober ata o 6 de febreiro

Por 25 Xaneiro, 2022Xaneiro 26th, 2022Sin comentarios

No día de onte foi inaugurada en Sober a mostra fotográfica ‘Express-Arte 5 Visións’. Un conxunto de 15 fotografía que buscan fomentar o empoderamento das mulleres.

Estas quince imaxes foron realizadas dende un programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero e impulsadas pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL). Dito programa buscou fomentar o empoderamento das mulleres, facilitar o seu coñecemento sobre o mundo empresarial, mostrarlles as posibilidades do autoemprego, e desenvolver as capacidades e potencialidades das participantes.

Os creadores desta iniciativa fan unha versión de grandes cadros históricos e actualizan o seu significado co fin de transmitir esperanza e liberación ás mulleres tendo a igualdade como obxectivo e dereito indispensable.

Esta exposición poderá visitarse na Casa da Cultura de Sober ata o día 6 de febreiro en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres.