Skip to main content
Taboada

A Deputación achega 22.000 euros para dotar de luminarias LED ao núcleo taboadense Outeiro

Por 19 Xaneiro, 2022Xaneiro 20th, 2022Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes co alcalde de Taboada, Ramiro Moure, e o presidente da Asociación de Veciños San Martiño das Dores, José Manuel Pacín Vázquez, un convenio de colaboración para dotar de alumeado público ao lugar de Outeiro, pertencente á parroquia do Couto, en Taboada.

A institución provincial inviste 22.015€ para sacar adiante esta actuación, grazas á que a veciñanza de Outeiro contará con luminarias no acceso ás súas vivendas. Pola súa banda, o Concello taboadés será o responsable da tramitación administrativa necesaria para levar a cabo as obras.

A vía de acceso á parroquia conta cunha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 6 metros, sen beirarrúas. Neste espazo instalaranse 6 luminarias de tecnoloxía LED, que proxectarán a intensidade cara o chan para limitar a contaminación luminosa. Con este proxecto aproveitaranse mellor os recursos luminosos e enerxéticos co que se consegue un importante aforro a través de luminarias con 60W de consumo.

O presidente enmarcou esta achega económica no compromiso da Deputación de colaborar cos concellos e co tecido asociativo da provincia para dotar de máis e mellores servizos públicos aos veciños e veciñas co fin de mellorar a súa calidade de vida e contribuír deste xeito a fixar poboación no rural.

Ademais desta colaboración para mellorar o acceso ás vivendas do Lugar de Outeiro, o Concello de Taboada conta cunha achega da Deputación de Lugo de 329.800,53€ a través do Plan Único deste ano 2022 para desenvolver distintas actuacións para manter e aumentar os servizos e infraestruturas e crear emprego, entre outras.