Skip to main content
Triacastela

A Casa do Maior de Prado en Folgueiras en Triacastela aínda ten prazas libres

Por 21 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Casa do Maior Prado na parroquia de Folgueiras en Triacastela ten catro prazas libres para aqueles veciños da zona que estean interesados neste servizo. As instalacións están novas e conta con equipamento xeriátrico homologado, sala de estar e comedor con televisión. Ademais, as persoas terán unha atención individualizada e realizarán actividades personalizadas.

A Casa do Maior está rexentada por Marta Silvosa, aquí os usuarios poderán realizar diferentes actividades co fin de estar acompañados e entretidos na súa zona. As instalacións responden a un criterio de ergonomía, atención xeriatría e de calidade de vida para os maiores. As súas instalacións non teñen barreiras arquitectónicas, polo que son accesibles para calquera persoa. Este tipo de servizos son fundamentais para garantir un envellecemento digno e acorde as necesidades de cada persoa.

As casas do maior son lugares onde os veciños se poden reunir, crear veciñanza, facer actividades e estar en compañía nun entorno rural. Pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.

O horario é de 9.00 a 17 horas de luns a venres. As persoas usuarias poden contar con transporte gratuíto financiado pola Xunta de Galicia e servizo de manutención o prezo serían 5 euros diarios que inclúen almorzo e xantar ou xantar e merenda).

Este servizo conta con cinco prazas, unha xa cuberta. Os interesados poden solicitar unha das prazas restantes sempre e canso sexan maiores de 60 anos, válidas ou con dependencia recoñecida en grao I ou II. Para acadar máis información pódese chamar aos Servizos Sociais do Concello de Triacastela 982 548 147 ou directamente a Marta 676 157 471.