Skip to main content
O Incio

Xornada de portas abertas na Casa do Maior “Casa de Ferreiro” do Incio

Por 23 Xaneiro, 2022Xaneiro 24th, 2022Sin comentarios

Dende o 24 ao 28 de xaneiro a Casa do Maior “Casa do Ferreiro” que se atopa no Incio, contará cuns días de xornadas abertas para que os veciños poidan visitala e coñecer as instalacións e as actividades que alí se realizan. O horario será de 10.30 horas a 13.30 horas.

A vivenda está situada en Penaxubeira, nº 4, A Cervela, e xa está lista para recibir a usuarios.

A Casa do Maior está rexentada por Clara Raposo, aquí os usuarios poderán realizar diferentes actividades co fin de estar acompañados e entretidos na súa zona. As instalacións están adaptadas para ofrecer maior calidade de vida para os maiores. Este tipo de servizos son fundamentais para garantir un envellecemento digno e acorde as necesidades de cada persoa.

As casas do maior son lugares onde os veciños se poden reunir, crear veciñanza, facer actividades e estar en compañía nun entorno rural. Pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.

Este servizo conta con cinco prazas que xa poden ser solicitadas polos interesados sempre e cando sexan maiores de 60 anos, válidas ou con dependencia recoñecida en grao I ou II. Para acadar máis información e realizar a solicitude tan só haberá que chamar aos Servizos Sociais do Concello do Incio.