Skip to main content
Comarca SARRIAXA

As Maxestades de Oriente farán un roteiro polas parroquias de Sarria

Por 5 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Durante todo o día de hoxe, mércores 5 de xaneiro, os Reis Magos percorrerán as diferentes parroquias do Concello de Sarria para favorecer que os pequenos poidan ver a Melchor, Gaspar e Baltasar dunha maneira segura nunha época na que a situación sanitaria pon en risco a saúde dos cidadáns.

Con esta iniciativa, as aglomeracións serán máis reducidas minimizando así os posibles contaxios, mantendo unha actividade adicada aos nenos e nenas da vila, co fin de que manteñan a ilusión nestas datas tan especiais.

Pese a todo, prégase o uso de máscara en todo momento.

Os nenos poderán entregar as súas cartas en man aos Reis Magos cos seus desexos e peticións co obxectivo de que esta noite reciban a súa visita e deixen os seus agasallos.

PERCORRIDO POLAS PARROQUIAS
As maxestades comezarán o percorrido ás 11.00 horas por San Fiz de Reimóndez, continuarán por San Pedro de Froyán ás 11.30 horas, a seguinte parada será Loureiro sobre as 12.00 horas. Media hora máis tarde chegarán a San Saturnino, ás 13.00 horas farano a Oural. Os nenos de Vilamaior recibirán a visita ás 13.30 horas mentres que os de San Andrés farano ás 13.50 horas. Trala pausa ao mediodía, retomaranse as visitas en Meixente ás 15.45 horas. A parada en Peruscallo será ás 16.00 horas e en Goián media hora máis tarde ás 16.30 horas. Os veciños de Vilapedre serán os protagonistas ás 17.00 horas mentres que os de Céltigos serano ás 17.30 horas. Os Reis Magos chegarán a Fonteabuín ás 17.45 horas, A veiga ás 18.15 horas e Manán ás 18.45. Xa na recta final estarán a parroquia de San Xulián ás 19.15 horas, Corbelle ás 19.45, Ferreiros ás 20.15 e Loseiro ás 20.45.

Estes horarios son estimados.