Skip to main content
Comarca SARRIAXA

Así quedaron os marcadores dos equipos da comarca esta xornada

Por 10 Xaneiro, 2022Xaneiro 11th, 2022Sin comentarios

A primeira xornada da segunda volta, tralo paron de Nadal, estivo claramente marcada pola incidencia da Covid 19. Moitos foron os partidos que se cancelaron ou aprazaron a última hora debido a positivos entre os xogadores ou como medida de precaución despois dos últimos datos arroxados.

Manter medidas de seguridade e cautela é fundamental para garantir a saúde dos veciños polo que, moitos dos equipos chegaron a un acordo para aprazar os encontros para cando a situación mellore e xogar sexa seguro para todos.

Entre os encontros que si tiveron lugar están o Palas-Paradela. O equipo da comarca sarriá levaba sen xogar o partido que lle correspondía dúas xornadas. O enfrontamento estivo moi disputado e aos cinco minutos do comezo chegou o primeiro gol a cargo de Alejandro. Pouco despois os locais lograron igualar o resultado que se mantivo ata o 22’ cando os visitantes se volveron poñer por diante, vantaxe que lle durou pouco xa que, no 31’ os locais empataron o marcador. Chegaron ao descanso co 2-2 que se mantivo durante toda a segunda parte, e, cando se pensaba que ese sería o resultado final, sobre a bucina, Hugo logrou encaixar o 2-3 da vitoria.

Este enfrontamento mantén ao Paradela segundo na clasificación con 16 puntos.

Terceiro na táboa, segue o Páramo tralo empate desta fin de semana. O equipo da comarca de Sarria enfrontouse na súa casa, as Rapadas, contra o Antas. O encontro foi moi igualado e non foi ata o minuto 41, cando se estreou o marcador grazas a un penalti dos visitantes. O Páramo intentou poñerse por diante e, ata o minuto 90, non foi quen de empatar o partido e sumar un punto na súa clasificación.

No grupo 2B de Segunda tan só se xogou un encontro. O equipo sarriao Oural enfrontaríase ao Río Sil mentras que o O Incio fariao co Quiroga. Ámbolos dous foron suspendidos debido a Covid-19. Os conxuntos Quiroga e o Incio acordaron como nova data o 30 de xaneiro, mentres que o Oural-Río Sil está pendente de confirmar.