Skip to main content
Comarca SARRIAXA

Cinco colectivos sarriaos reciben achegas da Deputación para a realización de actividades culturais

Por 15 Xaneiro, 2022Xaneiro 16th, 2022Sin comentarios

A Deputación de Lugo concedeu un total de 9.000 euros en achegas en réxime de concorrencia competitiva a cinco colectivos e asociacións de Sarria que serán empregados no desenvolvemento de actividades culturais na zona.

O Concello do Incio foi o máis beneficiado ao ser dous os grupos que recibiron as axudas económicas. Unha é a Asociación os Fanagueiros de Eirexalba con 1.995 euros que serán destinados á realización de xogos tradicionais e para o certame literario. Por outra banda, a Anpa recibiu 1.881 para concertos didácticos.

A Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos recibiu dúas axudas unha de 1.500 euros para unha viaxe cultural e outra de 1.342 euros para o concurso de tapas.

O Colectivo veciñal de Vilargunte en Paradela recibiu unha achega de 1.746 euros que serán destinados á realización de cursos de cociña tradicional, informática e a celebración do Magosto.

Por último, a Anpa de Triacastela conseguiu unha achega de 570 euros para ofrecer cursos de informática.