Skip to main content
Deportes SARRIAXA

Volta ao xogo tralo parón de Nadal

Por 8 Xaneiro, 2022Xaneiro 9th, 2022Sin comentarios

Despois do parón de Nadal, moitos son os partidos que se retoman nesta fin de semana. Na liga de fútbol Segunda Galicia, o grupo 2 A no que se atopan o Paradela e o Páramo xogarán esta fin de semana.

O Paradela, que leva dúas xornadas sen poder enfrontarse aos rivais que lle corresponden debido a que estes daban positivo en Covid, retomará o xogo nos Chacotes contra o Palas. Este encontro do segundo da clasificación co oitavo terá lugar este domingo día 9 de xaneiro ás 16:00 horas.

Malia a todo, o Paradela é o equipo da comarca de Sarria que ocupa o posto máis alto da clasificación. Conta con 13 puntos en 6 partidos xogados con tan só unha derrota. É o segundo da táboa, despois do SD Becerreá que ten 18 puntos acumulados tras gañar 6 dos 7 partidos xogados.

Por outra banda, o Páramo que vai terceiro na clasificación enfrontarase na súa casa, as Rapadas, contra o Antas que ocupa o sexto lugar, nesta ocasión, o enfrontamento será hoxe sábado 8 ás 16:00 horas.

Polo de agora, o SD Páramo ocupa o terceiro posto da clasificación con 13 puntos tamén. A diferencia é que este equipo xogou os 8 partidos acadando 4 vitorias, 1 derrota e 3 empates.

No grupo 2B, en Segunda Galicia, o enfrontamento entre o Incio e o Quiroga suspendeuse quedando pendente a nova data. O equipo da comarca de Sarria vai sexto na clasificación con seis puntos acadados ao gañar contra o Quiroga na primeira xornada e contra o Oural na sexta. Neste grupo, tamén se aprazou o encontro do Oural co Río sil. O equipo da comarca sarriá ocupa o segundo posto da clasificación.

O Sarriana líder no grupo 1B Preferente Galicia terá unha semana máis de vacacións e descansará nesta xornada.