Skip to main content
O Incio

Éxito de participación no concurso de decoración de Nadal no Incio

Por 3 Xaneiro, 2022Xaneiro 4th, 2022Sin comentarios

O certame convocado polo Concello do Incio foi un éxito e contou cun total de 16 participacións de diferentes parroquias. A maioría, pertencen A cruz do Incio, habendo participantes tamén en Vila de Mouros, Dontide, Barreiros e Hospital.

Este concurso consistía na decoración de vivendas, fachadas e balcóns polo Nadal, coa finalidade de promover e contribuír a crear un ambiente festivo no Concello nesta datas.

Tal e como establecían as bases, poderían participar todas aquelas persoas que tiveran vivendas situadas no ámbito territorial do Concello do Incio, podendo inscribirse unha persoa maior de idade por vivenda.

A temática de decoración debía estar relacionada exclusivamente co ambiente propio das Festas do Nadal.

A decoración manterase visible dende a vía pública durante o período do 21 de decembro de 2021 ao 6 de xaneiro de 2022.

A valoración das decoracións será realizada por un xurado formado pola directora do colexio Ricardo e Gasset, un administrativo do Concello e a monitora do obradoiro de emprego. Estes están a realizar visitas ás vivendas, sen previo aviso, dende o día 21 de decembro de 2021 e poden estenderse ata o 6 de xaneiro de 2022.

Haberá tres premios para os gañadores: Un 1º premio de 150 euros; un 2º premio de 100 euros; e un 3º premio de 50 euros.

Criterios de valoración
A orixinalidade, complexidade, deseño e artesanía puntuarán de 0 a 2 puntos mentres que a iluminación e a utilización de materiais reciclados valorarase de 0 a 1 puntos.

No caso de empate, o xurado establecerá o mecanismo que considere máis axeitado para desempatar. A resolución dos premios será exposta no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Incio.